lunes, 30 de junio de 2014

CHEGOU A DESPEDIDA!



Xa pasaron nove meses! Parece que foi onte cando chegamos ao cole e coñecemos por primeira vez ao noso amigo Dodo e a tódolos profes que nos acompañaron nesta aventura. Pero chegou o verán e toca despedirse desta etapa tan prehistórica. Pechamos un curso fantástico, cheo de emocións, diversións, ilusións e sobre todo de cariño. 
Desexo que teñades un bo verán, acompañados dos máis queridos e facendo o todo o que vos ilusione!



Déixovos un vídeo moi simpático dos dodos bailando no Nadal! Mirade como cambiaron!


MOITAS GRAZAS POR TODO!
UN ABRAZO ENORME E ATA SEMPRE!

martes, 24 de junio de 2014

SESIÓN FOTOGRÁFICA PARA OS DODOS



Xa pasou un curso enteiro e Os Dodos estamos feitos uns auténticos cavernícolas. Aquí vos deixamos algunhas das fotos que a nosa profe nos sacou, tanto na caverna coma no noso, tan desexado, patio.
Estamos guapísimos, verdade?



lunes, 23 de junio de 2014

OS CAVERNÍCOLAS PINTAMOS UN BISONTE

Chegou o remate do trimeste e Os Dodos preparamos a nosas portadas dos traballos. Como recentemente estivemos aprendendo cousas sobre a pintura rupestre, ao igual que os cavernícolas, decidimos pintar un bisonte. Utilizamos a técnica da acuarela e para darlle un toque máis prehistórico, a nosa profe queimou os bordes da folla. 
Mirade como quedou!



sábado, 21 de junio de 2014

OS DODOS E A GRÁFICA DO TEMPO

Neste curso escolar Os Dodos fixemos de meteorólogos/as, polo que cada día estivemos observando e clasificando as características do tempo que houbo en Baio; uns días choveu moito, outros estivo nubrado, algúns tiveron sol e nubes e outros foron completamente soleados.
Para calcular os días de chuvia, sol e nubes decidimos facer un gráfico. Cada día debuxabamos o tempo que correspondía, logo no ábaco da aula iamos aumentando as bolas segundo o tempo que fixese e ao remate sempre faciamos un reconto. 
Con esta divertida actividade practicamos os números, o debuxo e a capacidade de observar as condicións atmosféricas, chegando a diversas conclusións. Por exemplo, nos meses do invernos houbo máis días de chuvia, mentras que no mes de xuño tivemos máis días soleados.
Botádelle un ollo!



NO REMATE DO CURSO, DE VERMES A BOLBORETAS!

Levamos dous meses na compaña dos Vermiños da Seda e neste tempo fomos testemuñas directas de como cambiaron. Foi nesta derradeira semana cando chegaron á fase final da súa evolución, a de sair dos casulos da seda convertidos nunhas simpáticas bolboretas.
Durante estes días, os chicos bolboreta estiveron movendo moito as ás para chamar a atención das chicas bolboreta.
Ao remate, despois de tanto amorío as bolboretas puxeron un montón de ovos, así que para a vindeira primavera teremos moitos máis vermiños.
Mirade como cambiaron!


viernes, 13 de junio de 2014

A PINTURA RUPESTRE

Esta semana estivemos aprendendo cousas novas sobre a Prehistoria. Descubrimos que os nosos ancestros utilizaban as paredes das cavernas para pintar, pero non utilizaban ceras coma nós. Para colorear aproveitávanse das cores que a natureza lles proporcionaba (arxila, lama, carbón, sangue, ...), logo observamos como o facían en distintos vídeos e imaxes.
Quedámonos cunha técnica que nos chamou moito a atención, a de pintar as mans en negativo (a beira da man) e positivo (a pegada da man), pois atopámonos cun lote de imaxes de cavernas estampadas coas mans dos prehistóricos.
Ao remate fixemos as pegadas en positivo e negativo na nosa caverna, non tiñamos arxila e sangue, polo que utilizamos unha mestura de pintura de dedos marrón e vermella. 
Mirade como nos quedou!



jueves, 12 de junio de 2014

A NOSA SARIÑA ESTIVO DE CUMPLE!

Hoxe Sara festexou o seu cuarto cumple e menuda festa montamos! Non faltou o tirón de orellas, as cancións do parabéns e sobre todo a degustación dunha riquísima tarta de chocolate, feita pola familia de Sara. 
Foi un momento moi lindo no que Sara apagou as 4 velas do seu aniversario. Moitas felicidades peque! Desexamos que tiveses un estupendo día!