lunes, 16 de septiembre de 2013

O NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE

Os nenos e nenas de 3 anos comezamos unha fermosa etapa no Ceip Labarta Pose. A nosa chegada á aula estivo chea de emoción, medo e curiosidade. Emoción porque estabamos no cole de maiores, medo porque todo era descoñecido e curiosidade por ver o que nos depararían tantas novidades.
Foi neste grande día cando visitamos por primeira vez a aula, nos atopamos con vell@s e nov@s amig@s, xogamos cos xoguetes, falamos coa mestra María e coñecemos ó amigo Dodo. 
Unha mañá impresionante que rematou cuns pequenos petiscos no comedor e os primeiros xogos no patio. 
MIRADE, MIRADE!


jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVIDOS Ó LABARTA POSE!

Ola amig@s! Benvidos ó voso primeiro curso escolar! Estou moi contento de poder desfrutar da vosa compañía. O meu nome é Dodo e veño dun lugar moi lonxano, que iredes coñecendo co paso dos días.
Cheguei ó Labarta Pose, xunto cos meus amigos Tigre e Mamut, para encher de ilusión e diversión ós máis pequen@s de Baio.
Cada día verei os vosos fermosos traballos, cantas cousas aprendedes e o ben que o pasades. Desexo que comecedes esta nova etapa con moita enerxía e ledicia. Xa estades no cole dos maiores así que agora a DESFRUTAR!!!
Unha aperta enorme e ata pronto!
Dodo.