martes, 15 de abril de 2014

COMO FIXEMOS AS PORTADAS DOS TRABALLOS?

Neste 2º trimestre e aproveitando a presenza da Primavera, Os Dodos elaboramos unhas simpáticas portadas moi acordes coa estación na que estamos.
Tal e como podedes observar nas fotos, o primeiro que fixemos foi decorar o fondo da portada. Coa axuda dunha esponxa arrastramos a cor branca para simular que fosen nubes. Logo picamos en papel charol verde a forma da herba, para despois pegar enriba do fondo azul.
Unha vez rematado o fondo, picamos a xoaniña, recortamos papeis vermellos de celofán e pegámolos debaixo das súas ás. Ao remate puxémoslle ollos, boca e uns divertidos pompóns simulando facer de antenas. Pegamos a xoaniña no fondo azul e puxemos flores de cores enriba da herba.
Quedáronnos unhas portadas moi chuliñas. Mirade, mirade!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario